Festival Osa do Mar 2021 - Día das Letras Galegas

Festival Osa do Mar 2021 - Día das Letras Galegas

Ver entradas
Festival Osa do Mar 2021 - Día das Letras Galegas

Festival Osa do Mar 2021 - Día das Letras Galegas

Casa da Cultura. Rúa Pardo Bazán, 6, 27880 Burela (Lugo). Ver mapa


Venda en liña pechada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descrición

Toca irse espertando de este mal sono e para iso presentamos un especial #letrasgalegas co seguinte programa:

- 19:00h: Coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomaticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora)..

- 20:00h: Antía Muíño

- 21:00h: Grande Amore

Despois de un longo debate desde a Asociación Cultural Fanto Fantini cremos que temos que intentar facer unha edición adaptada á situación. Sabemos que seguramente non será o ano máis espectacular pero polo menos será unha nova edición que aportará o seu grao de área para ir pouco a pouco recuperando moitos dos bos costumes.

Para quen non nos coñeza o Osa do Mar é un festival de música que se celebra en Burela (Lugo) e que intenta ofrecer un cartaz orixinal e divertido mesturando diferentes estilos. Polos nosos escenarios pasaron artistas que agora son mui coñecidos coma Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Joe Crepúsculo, Cápsula, Arizona Baby, Terbutalina, Cala Vento, The Bots, Rufus T. Firefly, Viva Belgrado, Loco Playa, Orquesta Metamovida, Sexy Zebras, Esteban y Manuel, Brisa Fenoy, León Benavente, Ortiga, Ángel Stanich, Carolina Durante, Toundra, C. Tangana… e moitos máis. Estamos orgullosos tanto de ter levado bandas e artistas que agora son referentes como de ser, cada ano, unha plataforma para as bandas galegas.




Política de acceso

Este evento non ten ningunha restrición para o acceso de menores de idade.

4 Opinións Ver opinións

Opinión verificadaAsistiu o 16/05/2021
Ambiente moi agradable
Dous estilos ben diferentes para a finde das Nosas Letras Grande ( Nuno) Amore moi intenso e moi nervioso e gratísima sorpresa a descuberta de Antía Muíño con ese magnífico repertorio e esa fermosa Ler máis oz
Carme Cociña
17/05/2021
Opinión verificadaAsistiu o 16/05/2021
Grazas!
Grazas polo esforzo de seguir organizando actividades culturais, tan necesarias... Un excelente previo do que pode ser o festival, con moitas ganas de poder acudir. Saúdos
Ana
17/05/2021
Opinión verificadaAsistiu o 16/05/2021
Osa do Mar
Enhorabuena a la organización! Se atrevieron y ha sido todo la hostia. Bendita música en directo.
Jairo
17/05/2021
Opinión verificadaAsistiu o 16/05/2021
En galego
Muy boa proposta
Silvino
17/05/2021

Compartir!

Organizado por

Festival Osa do Mar 2021 - Días das Letras Galegas

Ver detalles